Os Clans
No Folión Castrexo, os clans son grupos organizados de persoas que participan conxuntamente na festa, recreando o espírito das antigas tribos castrexas. Cada clan escolle un nome —inspirado nas tribos celtas da Gallaecia— e representa unha identidade colectiva dentro da celebración.
Estes grupos adoitan levar un estandarte propio e, en ocasións, visten de maneira coordinada ou crean elementos decorativos comúns. A través dos clans, foméntase a participación activa, a creatividade e o sentimento de comunidade.
Non é necesario pertencer a un clan para gozar da festa, pero formar parte dun ofrece unha maneira única e máis intensa de vivila. O Folión é unha celebración aberta, participativa e feita entre todos.


Rexistra o teu Clan
Se queres crear un clan para participar no Folión Castrexo, completa o seguinte formulario cos teus datos.
Unha vez recibido o rexistro, enviarémosche por correo electrónico a lista de nomes de clans dispoñibles para que poidas escoller un deles. Os nomes serán asignados por orde de solicitude.
A organización confirmará por correo electrónico a validez do rexistro e o nome definitivo do clan.